Ola, youtubeir@s!
Son do Pan quere que a elaboración artesá do pan, como tradición secular galega, viva moito máis tempo. Por iso, os protagonistas desta historia son persoas que conservan os bos costumes, os de sempre. Isabel Costoya e a súa familia levan facendo pan desde vello, e ben que se nota: sáelles de medo! Ademais, neste labor, cada un dos traballiños vén acompañado dun son característico.
O Cuarteto "Son do Pan" formámolo Silvia López López (Castroverde, 1997), Uxía Iglesias Reviejo (Xanceda, 1997), Lucía Martínez Viso (Celanova, 1997) e Lucía Junquera Pazos (A Baña, 1997).