TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
Somos un grupo de mulleres que difundimos e compartimos o coñecemento e a experiencia dos traballos no campo. Con móbiles ou cámaras fílmamos as labores agrícolas nas nosas hortas, ensinando trucos e tarefas tradicionais.
“Teño unha horta en San Sadurniño” ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do Concello de San Sadurniño. O proxecto une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional.
A través de videotutorias na nosa canle de Youtube, damos a coñecer cómo plantar leitugas, enristrar cebolas, podar tomates, plantar azafrán, xenxibre, trigo sarraceno, ou cacahuetes... entre outros.
As participantes somos:
Consuelo Picos na "horta de Consuelo". Cruz Piñón, na "horta de Cruz". Lucía Pita a "horta de Lucita. Carmen Couce na "horta de Carmiña", Carmen Bouza na "horta de Maruxa e Carmen Suárez na coordinación.
- Proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño": www.falamedesansadurnino.org/hortas