O cuarteto nace ao redor da AMFV de Valença, onde os seus compoñentes se coñecen nunha casualidade cósmica aló polo ano 2015, co maestro Diogo Dinís.
Esa mesma casualidade lévaos á procura dos sons de vangarda do jazz actual para se atopar coas melodías máis clásicas do cancioneiro de standards do jazz.
Saxo tenor, guitarra, contrabaixo e batería... ou o que é o mesmo, Pablo Garrido (Vigo), Rami García (Tui), Manuel Lisboa (Porto) e Diego Hermoso (Vigo) deseñan unha proposta musical chea de matices e de casualidades.
Realizaron diversos concertos no Betún, o Bembé, a Macoca e no Sobreiro en Tui; tamén en propostas en Valença: no Mosteirazz - Encontro de jazz (Mosteiro de Sanfíns - xullo 2021), no auditorio do Centro de Innovaçao e Logística - Escola de Ciencias Empresariais (CILV) e en outros encontros de jazz na Quinta do Caminho.