LOVISMO (2025)

2 videos • 58 views • by A banda da Loba Lovismo é unha declaración de amor. Un fío vermello que nos une dende o corazón. Lovismo é un canto polos amores que son e os que non chegan a ser. Unha aperta ás amigas que aparecen e ás que permanecen. Un aloumiño ás lobiñas que nacen no cubil. Un recoñecernos na man que compartimos para transitar este camiño. Un espazo no que agroma o desexo, dende a liberdade, o tempo da seducción. Lovismo é querernos ben. Un bico na meixela cando chove e cando o sol pecha as pálpebras. Lovismo é o que queremos. Lovismo é o noso quinto traballo discográfico.